Blogia
aluspare

Partir de cero

Unha vez vin unha película no Forum da Coruña que trataba sobre un home que me parece que era soldador e ía no tren cara a unha cidade para traballar alí. Recordo que baixou do tren e pode que tivera que facer trasbordo ou eu que sei. O que si sei é que estaba sentando nun banco e viñeron dar xunta del un grupo de mozos que se dedicaban a zouparlles ás persoas do tipo do protagonista desta historia, unha persoa que agarda nun lugar sentado nun banco comendo un bocadillo.

Moita moca lle deron! Teño oído de casos reais ou visto pola televisión cousas así. O home, da malleira que lle deron quedou sen sentido e cando o recuperou, axiña se deu conta de que existía unha cousa chamada memoria e que el perdera. Partir de cero foi o que tivo que facer de alí para diante. Home, cousas sabía facer porque ou seus centros motor, emocional e mental funcionaban pero sobre de todo o emocional e o mental ou intelectual experimentaran un gran cambio no seu funcionamento.

Aquela pequena vila a onde foi dar cambiou por completo gracias a que el tamén o fixera. É dicir, que o mundo mudou porque mudou el primeiro. E iso é o que quero facer, cambiar pero sen esquecer o que me leva pasado na vida, para tratar de evitar repetir tantos erros e equivocacións

 

0 comentarios