Blogia
aluspare

Os Ancares

A primeira vez que fun ós Ancares era un rapaz e coa emoción que sentía por chegar tan alto, xa de camiño fun bebendo nunha botella de Torres. Total que ó día seguinte, alá polos Tres Bispos, agarrándome a unha pena, despeneime e iso que o Torres non era para despenarme, que daquela non as tiña ou tal vez xa as estaba cociñando.

Esta fin de semana volvo á terra dos osos, os xardós e os tordos malvises e benvises tamén. Non haberá neve, que é como máis me gusta ulir a montaña, pero haberá recendos de primavera que é agora o que máis necesito.

Este desterro non che me ten moita gracia, de momento. Pero de que me serven as saudades?

Moitos bicos, Marquiños.

1 comentario

o k des me vale -

o derradeiro sen masticar váleme. A Reghalía da esistensia, das fontes das palmas das tuas mans sen retorcer a roupa na augha xeada dos bicos altos do monte faime sentir mellor