Blogia
aluspare

o araboi

Hai unha especie de paxaro que lle chaman araboi e que non é o cuco porque o cuco é inconfundible. O cuco fai cu-cu, cu-cu, cando canta, e o araboi non, o cuco pon os ovos no niño doutras aves e o araboi non. O cuco mítaselle unha barbaridade á rapina e o araboi, segundo R. Fraga García é un paxaro de cor escura co pescozo azul. Este paxaro houbo quen me dixo que ó mellor era a raña, pero se fora a raña, R. Fraga García escribiría: araboi s.m. Raña. E non, non escribiu nada diso, falou dun paxaro. Eu non son de Melide, aínda que onde eu nacín non sei se por causalidade ou por casualidade hai un lugar situado máis ou menos no medio da parroquia, que se chama o Melidao.

Os nosos antepasados “os antepasados” tiñan por costume regular o mellor o posible o chamado “ordenamento urbanístico” e trazaban despois dunha serie de cálculos, cál ía ser o “Oenach”, se se me permite escribir este palabro tan pouco latino, e o tal lugar tendía a ser un sitio céntrico e xeralmente chao.

No Oenach (Melidao na miña terra) era onde se resolvían os asuntos que afectaban as comunidades darredor dese lugar chao e céntrico. Parece mentira que nunha terra con tanto cómaro, coto ou cotarelo, se poida dicir que haxa sitios chaos pero a realidade, se a observamos sen o filtro televisivo que nos mostra que existen os Ancares, O Xistral ou a serra da Loba, dinos que hai chaos a darlle co zoco: os Chaos de Vilar, os Chaos de Grandal, os Chaos de Doroña.

No noso Melidao morreron os nosos máis feros e valentes guerreiros. Por iso, por respecto e veneración, ese lugar continúa a ser un sitio sagrado. Pasaron centos de anos e alí construíuse unha igrexa e un cemiterio.

No noso Melidao non hai araboi. O que hai é “a onde irás boi que non ares”. E tamén hai o que lle chaman “araboio”. E que é este araboio? Este araboio é algo miúdo, coma o paxaro, pero non debe ser paxaro, debe ser algo ben cativiño que de pequeno que é, non cabería por un furado que está encugulado de cheo que está. É dicir, que se Paul Newman comeu dúas ducias de ovos cocidos por unha aposta, e non morreu de milagro, algún dos presentes diría: “este xa non traga nin araboio” que sería coma dicir, “xa non lle cabe nin unha miaxiña do amarelo do ovo ese que se desprende cando lle fas o adorno á ensaladilla rusa.

Eu, onte, teño que ser sincero, estiven falando con dous personaxes da política, un, un tal Carlos Aymerich e o outro, un tal Anxo Guerreiro. Non lles falei do araboi, nin lles falei do araboio, nin do cuco nin dos lirios das brañas. Falleilles da falabra “follada”, a folla máis fina de mazaroca para facer colchóns.

Non lles dixen que a maneira máis tenra e sensible de definir tal cousa topeina en F. Porto Rey co nome de “carocha” s. f. Las hojas que cubren la espiga del maíz y la protegen de la lluvia y del calor mientras es joven.

A min, mentres fun neno, as carochas protexéronme da chuvia “as mexeiras con que cada noite obsequiaba a miña nai e da calor tamén porque supoño que as mantas por veces, abrigaríanme de máis.

Eu ó que ía era á palabra “follada”. Nestes tempos “follada” xa non quere dicir o que antes quería dicir. Agora significa “foder” e díxenlles ós políticos que viña no periódico que na Galiza, se fodía pouco e mal. E non fai falta que o diga o periódico, que cadaquén sabe o que sabe. Eu queríalles comunicar que o foder é un dos máis graves problemas da nación galega e que vai haber que buscarlle unha solución porque, e isto lino no periódico de hoxe, cada día aparecen máis clubes de alterne, tapadillos e todo iso onde presuntamente se fode libremente. E a verdade é que isto non é así. Non pode ser así.

Eu ben sei que os políticos non solucionan nada porque nin sequera son capaces de resolver os seus propios problemas amatorios, nin os ecolóxicos, nin os da nomenclatura oficial, nin os da chuvia aceda, nin nada.

E daquela, que imos facer, agora que xa non quedan feros e valentes guerreiros? Fácil, sermos feros e valentes guerreiros. Eu de momento, o luns, se Deus quere chamarei a Melide e falarei con algún representante cultural por se me pode proporcionar a información do que é un araboi, dado que o meu problema sexual, pode que xa empece a ter cura.

paiolo

1 comentario

o notas de sempre -

hoxe pola maña dixeronme que no 2010 non quedaría ninghún galego, que seica viña unha notisia no xornal ou nunha profecía do marenostrum ou vai ti a saber.

Por outra banda dín que na Coru esta a élite do semen, o leite máis codiciado de toda a peninsula sen contar os veciños lusos ( e para non fomentar conflictos fálicos ).
Heche o carallo
O carallo da ghaliza quere outra ves pertencer a cona da galicia, y mientras tanto Alicia vive en el puto país de los sueños.
E poida que o que máis me ghuste sexa precisamente o derradeiro sen dixerir.
Hoxe após do cursillo e facer unhas compras(cativas) por coruña adíante funme pa praia e fun apañar minchas.
Funas seleccionando,cambiandolle as rochas unha das miñas por unhas das súas.
Viu un lagharto ao que non lle fixo falta desprenderse da cola para saudar ao sol e máis a min.
Boteille tamén alghunha mincha a un cangharexo e pensei, O cangharexo foderá patrás coma o patrón.
Coidado co sol e unha aperta irmán. Fodenda a que poidas