Blogia
aluspare

a vida é fermosa

A vida é fermosa por moita razóns. Enumeralas aquí, agora, non sería posible porque mañá eu aínda estaría enumerando razóns polas que a vida é fermosa e non acabaría nunca. Daquela o que vou facer é dicir só algunhas.

Onte estaba na facultade de Filoloxía e vin a unha moza que estaba preparando unha portada para, supoño, un traballo da carreira e a portada poñía William Walace. Eu vin a Mel Gibson na película e ben que me quedou na memoria cando lle arrincaban non sei se as tripas cunhas tenaces e tamén vin que o descuartizaron pode que arrincándolle os membros tirando por eles axotando uns cabalos. E a vida é fermosa.

Dúas das cousas que máis me gustaban cando ía ó castelo de Andrade eran dous olores, o da nébeda e o do mel. A nébeda cría entre as pedras e o mel tamén, porque as abellas son moi sabias.

Onte estaba na facultade de Filoloxía e unha moza díxome que ben sería que eu fora reintegracionista pero... non serviría de nada. Senón mirade para William Walace.

Pola mañá estiven nunha horta alá pola parte de Sigrás e unha moza regaloume un testo cunha herba que lle chaman abelleira e que as abellas do castelo de Andrade non olen porque xa teñen a nébeda.

Unha vez regaleille a unha moza unha pouca nébeda e a nébeda floreou e a graíña caeu á terra e dela naceu máis nébeda e agora cando vou pola súa casa (teño que admitir que vou cando estou algo triste) dime: “mira, esta é a nébeda que me regalaches”.

1 comentario

RIOBOO -

A vida é fermosa por moita sen/razón, imaxinala alá sería posibel antesdonte pero hai kandar ao día.
Ghrande é o mes de maio no que fun nado e non afoghei, e ghrande é tamén a fighura daquel que non quixo máis loita que a que estivo chamado a loitar no nome da liberdade.
Escócenme os pés nesta primaveira e aghradezo que me fixeses lembrar a ghuilian ghualas e as prendas de namorados en forma de flor.
O sábado estiven cortando coa corta/céspede a herba en Oza.
Que pracer sentir co pé nú o contacto da herba cortada!!
Incluso se queres lixalos pés coa pedra pómes apos desta fatighosa para quen non ta afeito.
Respirar: Res que se pira, que aspira a non ser máis cunha res ghaláctica fora do real mandril.
Todos tamos invitados ao festín dos monos, e non se pode voar sempre na natura.
Querer dicir moito e como non dicir nada.
O movimento do tekeleghato é tekelexar sen máis tekelexar para transmitir positividade quixera fose o mesmo cardo e a mesma espada do ghulian ghualas da escocia.bicos e apertas compañeiro de pés impolutos