o bardo tolo
Ta o ceo negro e nunca foi o corvo máis negro cás alas.
Algo morreu antonte por non ter coidado coas palabras.
O bardo tolo chámanos desde o mil novecentos dezasete.
Na miña terra, Andrade, hai un castro ou dous e un castelo.
De pequeno teño visto ovos de escribenta e de carrizo.
Que escuro está todo.
Tamén andabamos ás canaveiras dos foguetes o día do patrón
E tamén da patrona, a Virxe do Leite.
O leite é branco e un calandroiro disque é unha vaca vella.
As vacas para Castelao debían ser o símbolo da paz, pero provocan atascos
Como atascados estamos neste día en que se aproximan uns pés moi feos
De tronada, que tamén son castelos.

1 comentario
o rioboo -
A pureza do limpo é ausencia, isto quere dicir que quedarse calvo ou peitear canas é a mesma cousa prácticamente.
Pola contra o neghro o mouro é combinación de todalas cores, é o bulo alimenticio da gama cromática.
As esculturas calcinadas dos nosos montes e alghún corvo levan a neghrura que xa ás veces nos queiman.
Pero aínda pouco despois podes apañalas abróteghas quentes.
Unha aperta Chelis