un río de palabras
Un río de palabras
Onte estivemos ensinando e aprendendo a coller un raño e falamos de que o raño hai que saber mangalo, porque se está moi cerrado tes que baixar moito o cadril e se está moi aberto andas polo rego adiante na punta dos pés e non o espetas de xeito para levantar o terrón.
Non falamos do que se precisa para enqueiralo porque com palabras non se enqueira. É nas brasas onde se fai.
Pola tardiña fomos polo val da Barcia (no horizonte víanse as chemineas de Lignitos de Meirama) e camiñando demos cun regacho que non pasaba de ser un cano dun herbal, que desaugaba noutro regacho máis grande que ía dar a un afluente do Barcés, que á súa vez verte no encoro de Cecebre (segundo me contaron porque eu non son desas terras, non).
Rubimos a Rubieiro na parroquia de Sumio e ben que rubimos, porque, palabra, había ben tempo que non me topaba cun camiño tan peado coma aquel e que, segundo rezaban os carteis, era un anaco do antigo Camiño de Santiago.
Eramos un bo fato de camiñantes e non digo porqué, pero ocorréuseme dicir que en Galicia había máis de mil ríos e houbo quen se admirou da afirmación, ante o cal me atrevín a dicir que puidera que houbese dez mil e se acaso máis.
E dixemos segorella e fochanco pero non dixemos tremiñado nin illó. E houbo quen dixo que nunca oíra incubar cando nos paramos para ver uns enxertos logrados de cerdeira e outros malogrados de castiñeiro.
Os ríos non levan troitas e as palabras non levan alma porque a alma non se deixa ver.
Preciso axuda: Non sei picar a capa do muíño, nin sei sesteala, nin nivelar o rodicio. E iso que me ensinaron a facer un chifre coa folla dos couselos que medran nos valados.
Preciso axuda: Necesito poñer en práctica un plan de recuperación da fala. Tamén se trata de recuperar a voz os que se quedaron mudos. As falas son os cen mil regueiriños de augas da nosa terra.
Que me fai falta? Unha base de datos enxeirada e azosa. Tal vez un modelo semellante ó Galizionario. Ai, por favor!
Sobra quen trace normas e modelos. Xa hai abondo.
Gracias.
C/E.: aluspar@hotmail.com
PDT. Este texto vouno pegar nun blog que abrín e que aínda non sei ben manexar. Tamén iso ten a súa cencia.
Camiñando, faise camiño.
Xa irei falando do que nos propoñemos construír.
Non sabía que a CRTVG ofrecía información en catalá

0 comentarios