Facer xestións
Hai un pouco que cheguei das Pontes. Fun co ánimo de pedir unha subvención a Euroeume para poñer en marcha o proxecto Irmandiño. En realidade xa está en marcha porque xa o imaxinei, xa o elaborei, só falta unha axudiña. Onte oín "medio empezado, medio rematado". A ver cómo se portan. Senón, seguirei chamando a outras portas e tamén seguirei poñendo a orella, que é por onde van entrando as palabriñas, sobre todo cando baten ben no corazón.
1 comentario
de pila: Tudor es mi dor -
das miñas ilusións despeiteadas
concorre na xuntanza de ruíns
na máquina das apostas
no recordo do seu aroma
A corrente natural do río
sospeito que xa non é a miña
e confluo neste encoro
Apadriñado polo vento
vou seghindo o meu nome
ou se cadra
Tereimo que inventar?