aluspare
Facer xestións
Hai un pouco que cheguei das Pontes. Fun co ánimo de pedir unha subvención a Euroeume para poñer en marcha o proxecto Irmandiño. En realidade xa está en marcha porque xa o imaxinei, xa o elaborei, só falta unha axudiña. Onte oín "medio empezado, medio rematado". A ver cómo se portan. Senón, seguirei chamando a outras portas e tamén seguirei poñendo a orella, que é por onde van entrando as palabriñas, sobre todo cando baten ben no corazón.
De por onde nace un regato que vai dar ó Portovedro
Dime a miña sobriña que meu pai me ve máis contento. Será que as miñas mans cámbianme os lentes e os meus ollos seguen coas mesmas dioptrías?
Díxome que lle contara meu pai que eu andei nas Seixas cortanto no mulime e que traballei moito.
-Si Sandriña, traballei bastante (e penso para min que cada vez que boto unha chorada debía darme un sopapo, para acordar)
-Home, pois polo menos fas cousas (non se trata de facer cousas, trátase de facelas con gusto, que lles sirvan ós demais e que estean dentro do teu plan xeral de actuación vital, e isto último non o teño claro, non sei cál é o plan de actuación xeral para a miña vida).
Cando subía na bici viña pensando no que podía escribir no ordenata desta magna aula de informática do Concello de Cabanas e viña pensando nas Seixas mentres ía vendo a florida primavera cos meus escuros lentes: hortensias, estalotes, glicinas, broches ou xa follas feitas de castiñeiro, unha morea de moscas (non lembro ben se lles chamaban Sarcofaga Carnaria, vaia nome!) tapando o que ó meu paso se descubriu, que non era outra cousa ca un rato esmagado.
Viña pensando nas Seixas e nos cerca de seis ferrados de molime que cortei coa desbrozadora de dúas rabelas, como lle chama o meu amigo Antón. E volvín acordarme do caso curioso que nos pasou cando traballabamos no Seminario de Lexicografía da Real Academia Galega na rúa das Tabernas, nº 14. Pois resulta que chamou un mozo que tiña como segundo apelido “de Cejas” e que tales cellas viñan sendo as Seixas do monte onde eu andei rozando ou calquera dos centos de Seixas que pola Península haberá e que outrora se escribían con iota ou “jota”. Os “escribientes” de daquela facían moitas “correuciós” nos apelidos que soasen a galego, dai que o ditongo ‘ei’ se quedase en ‘e’ (non pasou iso con Pereira).  Logo tamén ocorreu que naquelas zonas onde estaba mal visto o seseo, había un tendencia a escribir co son da letra C. Coma por exemplo dicir Cevilla por Sevilla. A petición daquel mozo era que lle expedisen un papel avalado pola Academia onde se certificase o malentendido, ou sexa que non quería ser Cejas senón Seixas.
Como somos humanos pronunciando as palabras. Eu mesmo antes de saber algo de “jallejo” sempre lle chamaba ós oito ferrados As Eixas e non As Seixas (todos eles no concello de Vilarmaior). Compréndese?
Dedicado con cariño polo seu aniversario ó meu amigo Marcos, o home dun dos máis fermosos sorrisos que coñezo.
A foto foi tomada de http://www.fotosearch.com.br/fotos-imagens/seixos.html. Grazas aínda que fose sen o voso permiso.
Sobre o xa escrito
Volvín ler algo do que xa escribira o ano pasado por estas datas e teño que dicir que sinto algunha vergonza. Teño a opción de borrar, de repoñer ou de recompoñer. Pero vouno deixar tal como está porque todo aquilo é pasado e é para sempre, porque todo o que se pensa, di ou fai, seica queda nalgún sitio gravado para sempre.
Vai caloriña hoxe. Meu pai, que sinteu que daban auga para logo, arrincou os pés das coles e vai fresar ese cacho de leira. Díxome que non sabía qué ía plantar alí. Non ten paraxe, ocupa o tempo en cousas de proveito. Eu, namentres, agardo toparlle o senso ó que estou facendo. Que non é nada. Non é que non faga nada. Algo fago, pero o que fago, para que o fago? Este período de calma relativa, tiña que servirme para prepararme para as duras batallas que se aveciñan.
Partir de cero
Unha vez vin unha película no Forum da Coruña que trataba sobre un home que me parece que era soldador e ía no tren cara a unha cidade para traballar alí. Recordo que baixou do tren e pode que tivera que facer trasbordo ou eu que sei. O que si sei é que estaba sentando nun banco e viñeron dar xunta del un grupo de mozos que se dedicaban a zouparlles ás persoas do tipo do protagonista desta historia, unha persoa que agarda nun lugar sentado nun banco comendo un bocadillo.
Moita moca lle deron! Teño oído de casos reais ou visto pola televisión cousas así. O home, da malleira que lle deron quedou sen sentido e cando o recuperou, axiña se deu conta de que existía unha cousa chamada memoria e que el perdera. Partir de cero foi o que tivo que facer de alí para diante. Home, cousas sabía facer porque ou seus centros motor, emocional e mental funcionaban pero sobre de todo o emocional e o mental ou intelectual experimentaran un gran cambio no seu funcionamento.
Aquela pequena vila a onde foi dar cambiou por completo gracias a que el tamén o fixera. É dicir, que o mundo mudou porque mudou el primeiro. E iso é o que quero facer, cambiar pero sen esquecer o que me leva pasado na vida, para tratar de evitar repetir tantos erros e equivocacións
os repoliños e os limós
Escribo esto tamén porque parece que está peniscando e daquela non teño que ir á horta regar os tomates, os pementos e outras hortalizas que plantei nun anaco cativo de leira que me deixou unha veciña, porque a ela xa lle doen abondo os cadrís para facer as cousas da casa, como para andar gaveando nos terrós.
E do que quero falar é da terra, non da Nosa Terra, nin do Planeta Terra. Quero falar desa máxica combinación de rochas esfaragulladas tan miúdas que mesturadas con materiais vexetais acaban dando alimento a outras plantas, as cales acaban tamén dándonos o alimento que precisamos para logo facer o noso traballo bruto ou livián, a según. Para con ese corpo alimentado ser capaz de sentir ou non, de pensar ou non, de gozar ou non.
Esta finde fun ver a meus pais. Meus pais criáronse da terra e pouco ou moi pouco nas súas respectivas casas se compraba. Quero dicir con esto, que eran case autosuficientes. Na casa de miña nai sementaban o liño e fiábase, logo seica viñan por alí outras mulleres que tecían. Na casa de meu pai, rozábase o monte, e cavábase e despois de queimar todo aquilo (estivadas lles chaman noutros sitios) pasaban o arado e botaban o centeo, o centeo negro, téñolle sentido.
Agora a terra dá pouco e dá de mala gana. E vou ver se me centro no que quero contar.
Miña nai garda a semente das flores dos repolos para logo botala na leira ó ano seguinte, paréceme. Seméntana en sucos. Os sucos na miña terra non son as cales ou regos, son exactamente os treitos anchos que hai entre dous regos. Son algo así coma un morteiro onde se botan os chícharos.
E resulta que esa semente cando veñen estas calores non dá nacido. Total que meu pai debeu coller un enciño e foi restrelando a tona da terra para axudarlles a abrollar a esas miudiñas sementes. E efectivamente, a poucos milímetros estaban as orelliñas dos repolos dispostas a ver o mundo, que pouco o disfrutaron porque ó día seguinte veu aínda máis ca calor, sol, moito sol. E todas aquelas orellas tiveron que entregarse ó seu destino. Que pasaría se meu pai tivera paciencia? Acabarían aqueles proxectos de repolos asomando as orellas en por si? Conto isto porque eses repoliños, cando pasan de cuarta e media, xa valen para desenterrar e trasplantar, proceso do cal virán os repolos propiamente ditos, as cabezas dos repolos, xa sabedes.
En fin, este ano non hai vender repolos para trasplantar.
Logo fun con miña nai á horta ver se colliamos uns poucos limós. Non era doado chegar a eles. Os primeiros que chegan collen os de abaixo e os que veñen despois os de arriba. E cando arriba, digo lonxe no ceo. Porque meu non poda os limoeiros, déixaos medrar. E que pasa? Que os que máis lonxe están, tamén están máis maduros, maduros de máis, de tal xeito, que despois de eu coller a escada e un pao gallado dos que lles poñen ás fabas xudías, bota limós para baixo e os máis deles estaban gloros. Así que tiven que coller os medio maduros ou medio verdes e agardarei a que se vaian refacendo.
E é aquí onde quero eu pararme máis a falar da terra. Collemos os limós e vemos que están sucios, que debían ser verdeamarelos, amareloverdosos, pero non, son grises.
Collémolos e botámolos no lavadoiro, miña nai e máis eu con cadaseu cepillo e fomos fregando neles. Porque digo eu, se son para levar para un bar e botalos nos cubalibres, a xente ía collerlles noxo. E veña a fregar nos limós. Xa sabedes que isto non pasaba antes. Os vellos din que se mellorou moito, que antes só comían caldo e leite. Si, pero agora tamén comemos moita pastilla. Non sei, tería que estar alí para comparar.
Fregando os limós da contaminación que graciosamente nos traen un día si e outro tamén das Pontes ou de Meirama.
Eu non debo ler moito, dimo moita xente que me ten aprecio. De feito, trato de non ler e se non fose polo meu traballo, lería cando me chegase o retiro, se chego a el.
Agora estamos metidos noutra desas campañas nas que piden o voto. Haberá algún partido que me mande unha desas subvencións, non para deter a contaminación (iso é imposible) senón para que me pague un brus e eu poder seguir limpando nos limós e de paso fregar o porco despois de chamuscalo?
E voume despedindo desde este desterro que eu busquei e caro me custou atopar.
Os Ancares
Esta fin de semana volvo á terra dos osos, os xardós e os tordos malvises e benvises tamén. Non haberá neve, que é como máis me gusta ulir a montaña, pero haberá recendos de primavera que é agora o que máis necesito.
Este desterro non che me ten moita gracia, de momento. Pero de que me serven as saudades?
o araboi
Os nosos antepasados “os antepasados” tiñan por costume regular o mellor o posible o chamado “ordenamento urbanístico” e trazaban despois dunha serie de cálculos, cál ía ser o “Oenach”, se se me permite escribir este palabro tan pouco latino, e o tal lugar tendía a ser un sitio céntrico e xeralmente chao.
No Oenach (Melidao na miña terra) era onde se resolvían os asuntos que afectaban as comunidades darredor dese lugar chao e céntrico. Parece mentira que nunha terra con tanto cómaro, coto ou cotarelo, se poida dicir que haxa sitios chaos pero a realidade, se a observamos sen o filtro televisivo que nos mostra que existen os Ancares, O Xistral ou a serra da Loba, dinos que hai chaos a darlle co zoco: os Chaos de Vilar, os Chaos de Grandal, os Chaos de Doroña.
No noso Melidao morreron os nosos máis feros e valentes guerreiros. Por iso, por respecto e veneración, ese lugar continúa a ser un sitio sagrado. Pasaron centos de anos e alí construíuse unha igrexa e un cemiterio.
No noso Melidao non hai araboi. O que hai é “a onde irás boi que non ares”. E tamén hai o que lle chaman “araboio”. E que é este araboio? Este araboio é algo miúdo, coma o paxaro, pero non debe ser paxaro, debe ser algo ben cativiño que de pequeno que é, non cabería por un furado que está encugulado de cheo que está. É dicir, que se Paul Newman comeu dúas ducias de ovos cocidos por unha aposta, e non morreu de milagro, algún dos presentes diría: “este xa non traga nin araboio” que sería coma dicir, “xa non lle cabe nin unha miaxiña do amarelo do ovo ese que se desprende cando lle fas o adorno á ensaladilla rusa.
Eu, onte, teño que ser sincero, estiven falando con dous personaxes da política, un, un tal Carlos Aymerich e o outro, un tal Anxo Guerreiro. Non lles falei do araboi, nin lles falei do araboio, nin do cuco nin dos lirios das brañas. Falleilles da falabra “follada”, a folla máis fina de mazaroca para facer colchóns.
Non lles dixen que a maneira máis tenra e sensible de definir tal cousa topeina en F. Porto Rey co nome de “carocha” s. f. Las hojas que cubren la espiga del maíz y la protegen de la lluvia y del calor mientras es joven.
A min, mentres fun neno, as carochas protexéronme da chuvia “as mexeiras con que cada noite obsequiaba a miña nai e da calor tamén porque supoño que as mantas por veces, abrigaríanme de máis.
Eu ó que ía era á palabra “follada”. Nestes tempos “follada” xa non quere dicir o que antes quería dicir. Agora significa “foder” e díxenlles ós políticos que viña no periódico que na Galiza, se fodía pouco e mal. E non fai falta que o diga o periódico, que cadaquén sabe o que sabe. Eu queríalles comunicar que o foder é un dos máis graves problemas da nación galega e que vai haber que buscarlle unha solución porque, e isto lino no periódico de hoxe, cada día aparecen máis clubes de alterne, tapadillos e todo iso onde presuntamente se fode libremente. E a verdade é que isto non é así. Non pode ser así.
Eu ben sei que os políticos non solucionan nada porque nin sequera son capaces de resolver os seus propios problemas amatorios, nin os ecolóxicos, nin os da nomenclatura oficial, nin os da chuvia aceda, nin nada.
E daquela, que imos facer, agora que xa non quedan feros e valentes guerreiros? Fácil, sermos feros e valentes guerreiros. Eu de momento, o luns, se Deus quere chamarei a Melide e falarei con algún representante cultural por se me pode proporcionar a información do que é un araboi, dado que o meu problema sexual, pode que xa empece a ter cura.
os lexicógrafos
E escriben frases nominais en que o núcleo é un substantivo para definir substantivos, como tamén escriben frases verbais, para definir verbos.
Os albaneis -e se queres chamámoslles pedreiros- (na miña terra houbo un pedreiro que veu pasar a santa compaña e levouno) tamén fan frases coa paleta ou co esparavel (se queres escríboche esparabel con b longa, por se non sabes ben o que é un esparavel por culpa de se está "mal escrito") e raian o recebado ou enfoscado (que se fora ben escrito será con U porque seica vén do latín FUSCUS, claro que non sei se era breve o tal U, e agora non teño vagar para miralo e aínda que fose breve para qué ía evolucionar "normalmente", e se fose longo, ben que podía dar nun O, digo eu) e, así e todo, como che dicía, van recebando, para que outros veñan pasteando atrás e outros máis, chamados pintores, tamén fagan o seu, que se acaso mancharán o acamelado do sobrado. E así se van construíndo as casas.
Cadaquén ten as súas teimas, compañeiro do metal, como dirían os do naval (sector). É difícil desentretiñar (como dirían na miña terra e se non vén nos dicionários -palabra esdrúxula- axiña te podes dar conta do sgdo.), e difícil desentretiñar a teima boa da teima que fai mal, como tamén é difícil deslinguirse dela, axiña que a detectaches.
A min dinme que interprete co corazón. Que me di o corazón?
A min corazón dime que todos os lexicógrafos xuntos non dan conta nin dun araboíño do caudal deste grande corgo que son as falas galegas.
E ti que me dis?
Esta noite estiven lendo un cachiño dunha aventura dos tres investigadores e pois, resulta que tiñan un sistema de redes para obter información: ti tes cinco amigos e eses cinco amigos teñen, cada un deles, outros cinco. En pouco tempo eran capaces de obter a información necesaria para proceder á seguinte fase no seu labor.
Alguén sabe a qué me estou a referir?
Hai quen pensa que cunha enquisa sobre algo previamente investigado se pode obter unha información de calidade. Hai quen pensa que ese método condiciona a resposta.
Hai quen ten feito un traballo de caracterización da fala dunha localidade en seis meses. Outros non o acaban na vida, porque a vida é cambiante e a realidade observada tamén o é, ademais de múltiple.
En fin. Adiante co teu plan. Digo eu.
Eu o que fago é levar unha libretiña comigo, agochada na carteira. Se vexo quetal, non a saco, e setal, si.
E que pasa? Pode pasar de todo, coma as nubes. Poden pasar coma castelos ou ovelladas, neboeiro con papuxeira, ou arroibadas.
E falando de todo un pouco, que tal o outro día no A treu?
Parece que está todo feito, e nada está feito. (Lembra o bou bou que che produciu o de NADA E TODO?
Outro día, se queredes, e agora falo doutra maneira, falamos de "planos" e da coherencia, da honestidade, da falta de fe, do caro que está o gasóleo, de miña nai (o outro día vin o empezo de Blade Runner?), da rabia, da pena, do ben que podía ser e non é, do bon que é o do malo que sería..., da miña filla).
Tal como o escribo o mando e, despois, mañá ou pasado ou "po" mes.
Feliz resto do día
PDT.: Gustaríame contar tamén o que me pasou esta fin de semana. Foi baixando cara ó lugar de Covés. Volvín lembrarme das falcatruadas que faciamos (non me chegaría aquí o espacio). Chegando a un soutelo novo senteime ó pé dun castiñeiro, pero como a muña estaba toda enchoupada do que choveu estes días, collín unha boa presa de fieitos secos e amañei un bo sentadoiro. Pensei no vello fotógrafo que alí, máis abaixo, vivira e que non hai nada que morreu e acordeime de que unha vez lle dixera que tiñamos que rescatar tanto negativo que por algún lugar tería amoreado e que ben podía volver revelarse e positivarse e dalo a coñecer. Si, cantas cousas que nunca pasan de ser plans, por non ter a coraxe suficiente.
Case non fago outra cousa ca chorar e pregúntome por qué a muña non podía ser o que oín que era e só case pode ser desperdicios o residuos de los cereales que se criban. Porque se fora tamén a caruma seca, que sería a caruma? a garuma? E que é a garuma? con gheada o sen ela.
As redes
Como se constrúe unha rede? A rede xa existe, o caso é decatarse de que existe. Se non a vemos, por máis que a queiramos tecer, sempre se nos esfiañará por algún sitio.
a vida é fermosa
Onte estaba na facultade de Filoloxía e vin a unha moza que estaba preparando unha portada para, supoño, un traballo da carreira e a portada poñía William Walace. Eu vin a Mel Gibson na película e ben que me quedou na memoria cando lle arrincaban non sei se as tripas cunhas tenaces e tamén vin que o descuartizaron pode que arrincándolle os membros tirando por eles axotando uns cabalos. E a vida é fermosa.
Dúas das cousas que máis me gustaban cando ía ó castelo de Andrade eran dous olores, o da nébeda e o do mel. A nébeda cría entre as pedras e o mel tamén, porque as abellas son moi sabias.
Onte estaba na facultade de Filoloxía e unha moza díxome que ben sería que eu fora reintegracionista pero... non serviría de nada. Senón mirade para William Walace.
Pola mañá estiven nunha horta alá pola parte de Sigrás e unha moza regaloume un testo cunha herba que lle chaman abelleira e que as abellas do castelo de Andrade non olen porque xa teñen a nébeda.
as corredoiras
O camiño da Lagoa estivo inzado de silvas durante toda a miña nenez e só se sabía que era camiño porque camiño se lle chamaba, non porque ninguén camiñase por el. Amais de silvas, medraban formando unha carapucha sobre del, unha chea de loureiros romanos e dos outros onde, seguramente, facían os seus niños os pombos. Nunca souben se os tales pombos comían das lorbagas dos loureiros romanos ou das dos outros, dos que se levan a bendicir o Domingo de Ramos.
O camiño do Pulo con ser tamén como un fochanco, era máis transitado. Máis dun veciño levaba o leite ata o lugar de Ogrobe pasando por riba do adro da igrexa o do campo da festa. Era costume tamén por non enchoupar os pés nin enzoufarse de cencerrellas nos baixos dos pantalóns ou das saias, desviar as augas que polo Pulo baixaban, e abrir co sacho unhas angalas de treito en treito. Así e todo con que pasara un carro, as rodeiras xa se encargaban de desfacer o traballo feito co sacho, e volvía a auga a correr polo medio e medio do camiño.
Non eran estes dous camiños os que eu mellor coñecía porque cando eu viña da escola subía polo Melidao, chegaba ata á Vrea e ó chegar ó Pasadoiro da Pedra, collía por un serventío ó que desde sempre lle chamaron o camiño dos Percigueiros. Este camiño si que era especial para min. Está orientado ó oeste e desde el vese a ría de Sada e a Coruña. Os días de auga e vento, valía máis levar recollido o paraugas porque cando te dabas conta xa aló ían as varillas, e nos días de sol, á xunta da tarde, parábame ben veces para ollar a luz intermitente do faro de Brigantia e as nubes roibas no horizonte do mar que despois lle deron en chamar Ártabro.
o bardo tolo
Algo morreu antonte por non ter coidado coas palabras.
O bardo tolo chámanos desde o mil novecentos dezasete.
Na miña terra, Andrade, hai un castro ou dous e un castelo.
De pequeno teño visto ovos de escribenta e de carrizo.
Que escuro está todo.
Tamén andabamos ás canaveiras dos foguetes o día do patrón
E tamén da patrona, a Virxe do Leite.
O leite é branco e un calandroiro disque é unha vaca vella.
As vacas para Castelao debían ser o símbolo da paz, pero provocan atascos
Como atascados estamos neste día en que se aproximan uns pés moi feos
un río de palabras
Onte estivemos ensinando e aprendendo a coller un raño e falamos de que o raño hai que saber mangalo, porque se está moi cerrado tes que baixar moito o cadril e se está moi aberto andas polo rego adiante na punta dos pés e non o espetas de xeito para levantar o terrón.
Non falamos do que se precisa para enqueiralo porque com palabras non se enqueira. É nas brasas onde se fai.
Pola tardiña fomos polo val da Barcia (no horizonte víanse as chemineas de Lignitos de Meirama) e camiñando demos cun regacho que non pasaba de ser un cano dun herbal, que desaugaba noutro regacho máis grande que ía dar a un afluente do Barcés, que á súa vez verte no encoro de Cecebre (segundo me contaron porque eu non son desas terras, non).
Rubimos a Rubieiro na parroquia de Sumio e ben que rubimos, porque, palabra, había ben tempo que non me topaba cun camiño tan peado coma aquel e que, segundo rezaban os carteis, era un anaco do antigo Camiño de Santiago.
Eramos un bo fato de camiñantes e non digo porqué, pero ocorréuseme dicir que en Galicia había máis de mil ríos e houbo quen se admirou da afirmación, ante o cal me atrevín a dicir que puidera que houbese dez mil e se acaso máis.
E dixemos segorella e fochanco pero non dixemos tremiñado nin illó. E houbo quen dixo que nunca oíra incubar cando nos paramos para ver uns enxertos logrados de cerdeira e outros malogrados de castiñeiro.
Os ríos non levan troitas e as palabras non levan alma porque a alma non se deixa ver.
Preciso axuda: Non sei picar a capa do muíño, nin sei sesteala, nin nivelar o rodicio. E iso que me ensinaron a facer un chifre coa folla dos couselos que medran nos valados.
Preciso axuda: Necesito poñer en práctica un plan de recuperación da fala. Tamén se trata de recuperar a voz os que se quedaron mudos. As falas son os cen mil regueiriños de augas da nosa terra.
Que me fai falta? Unha base de datos enxeirada e azosa. Tal vez un modelo semellante ó Galizionario. Ai, por favor!
Sobra quen trace normas e modelos. Xa hai abondo.
Gracias.
C/E.: aluspar@hotmail.com
PDT. Este texto vouno pegar nun blog que abrín e que aínda non sei ben manexar. Tamén iso ten a súa cencia.
Camiñando, faise camiño.
Xa irei falando do que nos propoñemos construír.
abril
Acabo de empezar un novo camiñar que espero pase das tres intervencións, e dixen tres sen pensalo. Tres é un bo número.
Por qué aluspare? Sinxelamente porque é o nome que uso no meu correo electrónico, ó que lle engadín o que se chama na ciencia que estudo, un "e" paragóxico. Si, é o e que, na fala, vai despois dos infinitivos, pero tamén é o e de "mare", do mare fermoso, ou os es de "eue" e de "voue", que non son menos fermosos có mare.
Os es de eue e voue, oínllos a unha muller de Buebre (Boebre) e ese día, amei un pouco máis a fala, a fala dela e a miña. Si, un pouco máis. Si, de non amar nada, vaise amodiño amando un pouco máis. Si, amar é un proceso vagaroso coma o camiñar do sapo. Tan a modo camiña, que de cando en cando para e agóchase debaixo dunha pedra e alí queda durante moito tempo, ata que lle chega a hora de amar outro pouquiño.
Aluspar é unha palabra da miña terra e isto que vou contar xa llo contei a moita xente daquí e dacolá. Un día estaba no fondal dunha leira que se chama Aneiros e díxome un cazador:
- O porco bravo axiña te aluspa, e máis se estás fumando.
Un cazador pretende que a presa non se decate da súa presencia, daí que se poña contra o vento. O porco bravo fai moito derramo. Este día en Taboada un gandeiro queixábase de que o porco buláballe nos prados e por máis que lle pon o pastor eléctrico, sempre busca a maneira de entrar por outro lado.
Aluspar quere dicir "decatarse da presencia de algo ou de alguén que non debe ser visto ou que non quere ser visto". O que pasa é que moita xente da miña terra, prefire no canto desta palabra usar estoutra: osmar. Osmar é pretender decatarse e, por extensión, decatarse mesmamente diso que estaba oculto.
-Xo osmou (xa o osmou = xa o aluspou)
Aluspar aluspan ben os animás. Nós, os humanos perdémo-lo osmo, como din os vellos, que por vellos, pensan que o perderon, pero se acaso, inocentemente non saben que o están recuperando coma cando eran nenos. A infancia é o momento en que mellor se aluspa, cando aínda non usamos nin lentes nin audífonos nin botillos, que actúan como filtro da percepción.